Un pouco máis (de) galego

Publicado el martes, 21 de junio de 2011

As veces teño o convencemento que a normalidade non é a miña compañeira de viaxe. Os dous xogamos a esquecer as conexións e non temos o costume de lembrar os puntos de encontro. Eu son, como a faneca, de augas bravas e atopo a normalidade na máis completa anormalidade. Por iso apunteime a galego nunha cidade como Vigo, logo de vivir na Coruña. Como ben sabedes, pasei galego básico e en outubro empecei galego intermedio. Non fun todo o que quixen á clase, xa que o horario non foi moi xusto coa miña vida social (luns, mércores e venres de 20 a 21.30h) e no inverno non é apaixonante unha excursión no diluvio universal.

En calquera caso, o mércores pasado rematei o curso, coa celebración do exame. Pois compráceme comunicar que acadei o nivel intermedio de galego. Hoxe recibín as notas da Escola Oficial de Idiomas de Vigo e aprobei o cuarto curso da lingua dos galegos. Teño que dicir que todo isto é produto do voso esforzo. Unha parte moi importante do recoñecemento é para vós. Non podo máis que agradecer a todos aqueles que me decidiches falar en galego ou ensinarme palabras. Corrixir os meus erros ou compartir a vosa cultura. Ben sabedes quen sodes: na vida cotiá, no lecer ou no traballo. Graciñas.

Hai tempo que pensara en deixar o estudo do galego, xa que empezar galego avanzado no vindeiro curso é moito para min. Aínda así, acadei as ferramentas para loitar pola normalidade dunha lingua minorizada como a nosa. Penso que a miña integración ten que pasar polo respecto ao xeito de comprender Galicia. E o galego é o camiño.

Na imaxe, unha clásica paisaxe do interior galego, alá por terras ourensás. Unha aposta fermosa para contar unha boa noticia.

Sin comentarios

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails