Día das letras galegas

Publicado el lunes, 17 de mayo de 2010

Hoxe, como cada 17 de maio, celébrase en Galicia o Día das letras galegas. Este ano a festividade dedicouse a Uxío Novoneyra. Déixovos cunha das súas poesías. Tedes máis información nesta web e moitos vídeos en Youtube.


Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
Onde ninguén foi nin ha de ir!
O lobo! Os ollos o lombo
do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
Movendo nas flairas dos teixos
Ruxindo na folla dos carreiros
En busca da vagoada máis sola e máis
medosa...
Rastrexa
Párase e venta
Finca a pouta ergue a testa e oula
cara o ceo
Con toda a sombra da noite na boca.


En image, unha das paisaxes típicas do Courel, coa súa pesada néboa e soidade. Aínda que neste caso tomei a fotografía a un par de quilómetros de Vigo, en Teis.

Sin comentarios

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails