Día das letras galegas

Publicado el domingo, 17 de mayo de 2009

Hoxe celébrase en Galicia o día das letras galegas. E esta é a miña pequena homenaxe: un fragmento do poema de Rosalía de Castro, Follas Novas:

Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentóu,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madalena na Pasión.
"Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-,
dáime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición".
E doumo Dios, arrinquéino,
mais... ¿quen pensara?... Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qué era dolor;
soupen só que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltóu,
e seica..., seica tiven soidades
daquela pena... ¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quén o entenderá, Señor!...
En imaxe, a estatua de Rosalía de Castro en Pontevedra. Imaxes como esta recórdanme que nunca está mal ver a vida con outros ollos.

1 comentario

Comentarios

Chicapotingues dijo...

:D E manifa multitudinaria en Santiago criticando a nova Lei...

:D

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails