Día das letras galegas

Publicado el martes, 17 de mayo de 2011

Hoxe temos a tradicional cita anual coas letras galegas. Unha data festiva que se celebra en Galicia cada 17 de maio dende 1963, conmerando o centenario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Este ano a Real Academia Galega adícalle o día ao poeta monfortino Lois Pereiro. Unha aposta valente, xa que Pereiró formou parte da contracultura galega, levou unha vida pouco convencional para moitos e morreu na máis completa soidade. Aínda así, permanece a súa obra na nosa memoria, como este "Contra a morte o amor que vai contigo", contido no libro Poesía última de amor e enfermidade.



Dos días que reserva para min o destino
cada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido á miña inexistencia
soñado nas túas noites
ou prorrogado en ti.

Na imaxe, unha escaleira curta, fermosa, intensa e chea de obstáculos. O que vén sendo a obra poética de Lois Pereiro.

Sin comentarios

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails